Quen se pode beneficiar?

Con carácter xeral, poderán ser beneficiarias das axudas tramitadas ao abeiro deste réxime de axudas:

        • As persoas físicas ou as persoas xurídicas de carácter privado.
        • As entidades públicas de carácter local ou comarcal (concellos, mancomunidades, consorcios).
       • As comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.

Sempre que:

        • O promotor estea ao corrente das súas obrigacións tributarias e coa SS.
        • O promotor cumpra os requisitos de pequena empresa (Proxectos Produtivos).

Que requisitos existen?

Os proxectos deben:

        • Estar localizados no ámbito de actuación da ADR Comarca de Lugo.
        • Ser viables técnica, económica e financieiramente, no caso de ser de natureza produtiva; e técnica e financeiramente para os non produtivos.
        • Axustarse á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.
        • Ser finalistas, é dicir, que na data da xustificación final dos investimentos ou gastos subvencionados cumpran os obxectivos e funcións para os que foron aprobados os proxectos. Non poderán subvencionarse fases dun proxecto que non constitúan unha actividade finalista.
        • Que o investimento para a que se solicita a axuda non estea iniciada.

Que custos son subvencionables?

Son subvencionables aqueles custos considerados necesarios para cumprir coa finalidade do proxecto, tales como:
 
        • A construción e mellora dos bens inmobles.
        • A adquisición de maquinaria.
        • A adquisición de equipamento novo.
        • A adquisición de terreos
        • A adquisición de inmobles.
        • Os investimentos intanxibles como a adquisición e o desenvolvemento de programas informáticos.
        • O arrendamento con opción de compra.
        • Os custos xerais vinculados ao investimento (estudos de viabilidade, honorarios referidos ao asesoramento sobre sustentabilidade económica e ambiental, gastos de proxectos, dirección de obra e adquisición de patentes, licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas).
        • Os gastos notariais e rexistrais derivados do comezo da actividade prevista no proxecto.
 
Pola contra, non serán custos subvencionables:
 
        • A mera reposición ou substitución de equipamento e as obras de mantemento das instalacións.
        • Os investimentos que substitúan a outras que fosen financiadas polo fondo FEADER ou outro fondo comunitario, sempre que non transcorresen 5 anos desde a súa realización.
        • Os investimentos de reforma ou rehabilitación de inmobles cuxa construción ou adquisición fose financiada polo fondo FEADER ou outro fondo comunitario nos 5 anos anteriores.
        • Os gastos de funcionamento da actividade subvencionada e o material funxible en xeral, coas excepcións que para os proxectos de formación establécense.
        • O IVE recuperable polo promotor do proxecto, así como os demais impostos indirectos que sexan susceptibles de recuperación ou compensación, así como os impostos persoais sobre a renda.

Cal é o importe das axudas?

Segundo a estratexia da ADR Comarca de Lugo (GDR-04):
 
        • Para proxectos PRODUTIVOS, a intensidade da axuda situarase nun mínimo do 25% en un máximo do 50% de investimento total subvencionable.
 
        • Para proxectos NON PRODUTIVOS, tanto públicos como privados, a intensidade da axuda situarase nun mínimo do 40% en un máximo do 90% de investimento total subvencionable.
 
O importe da axuda estará limitado a un máximo de 200.000€ por proxecto ou por promotor durante tres exercicios fiscais.

É compatible con outras axudas?

As axudas son incompatibles, en xeral, con calquera outra axuda que, para o mesmo proxecto e finalidade, presente cofinanciamento comunitario (EIE), independentemente do fondo de procedencia e a súa tipoloxía.
 
Serán compatibles, con todo, con outras axudas, subvencións ou recursos públicos e privados destinados a financiar o mesmo proxecto, sempre que:
 
        • O importe acumulado das axudas non exceda o custo total da actividade subvencionada.
        • O importe total das axudas públicas non exceda os límites máximos previstos na normativa de axudas de estado.