Quen somos?

Somos a Asociación para o Desenvolvemento Rural da Comarca de Lugo, constituída o 3 de xuño de 2016 e aberta a integrar calquera outra entidade asociativa que comparta os nosos obxectivos.

A nosa vocación é instrumentar o desenvolvemento rural do noso territorio como promotor de todo tipo de proxectos que nos potencien como comarca.

Ademáis, ao estar constituídos como Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR-04), tamén somos o axente encargado de xestionar os fondos LEADER no noso territorio, xunto coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), dependente da Xunta de Galicia.

Estatutos

Asóciate

Poderase adherir a nós calquera entidade pública ou privada (fóra das persoas física ou sociedades mercantís baixo calquera das súas formas exceptuando as entidades de economía social: cooperativas, sociedades agrarias de transformación ou sociedades laborais), debidamente constituída e dada de alta no correspondente rexistro que comparta os nosos obxectivos e desenvolver a súa actividade no noso ámbito territorial.

As solicitudes de adhesión serán recibidas no rexistro da ADR Comarca de Lugo:
Asociación para o desenvolvemento rural da Comarca de Lugo. Avenida de Lugo, 89, 27220, Friol, Lugo. Teléfonos: 982238000 – 679732163. Enderezo electrónico: info@comarcadelugo.gal

Documentación necesaria para facerse socio:

• Solicitude de adhesión.
• Certificado do órgano competente da entidade solicitante no que se expresa a vontade de asociarse á ADR Comarca de Lugo e o nomeamento do seu representante e substituto.
• Copia dos estatutos da entidade solicitante.
• Copia da Acta de Constitución da entidade solicitante.
• Copia do CIF da entidade solicitante e do NIF do seu representante e substituto.
• Ingreso da cota anual de socio.
• Acreditación de actividade no territorio por un período mínimo dun ano cando a entidade solicitante non teña o domicilio social no territorio de actuación da ADR Comarca de Lugo.
• Ficha de asociado.

Cal é o noso territorio?

O eido de actuación da Comarca de Lugo está formado polos Concellos de Friol, Rábade, Outeiro de Rei, Castroverde, Guntín, O Corgo e a zona rural do Concello de Lugo.

Como funcionan os GDR?

O Grupo de Desenvolvemento Rural elabora unha estratexia de desenvolvemento comarcal. Nela inclúense cales son as principais posibilidades, oportunidades e necesidades do seu territorio do punto de vista produtivo, económico, dotacional, social etc. Esta estratexia preséntase á convocatoria do programa para o período 2016-2020 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), ente público xestor do programa LEADER en Galicia.

O grupo conta cunha estrutura técnica que se dedica ao labor de dinamización, mobilización e promoción para aplicar a estratexia deseñada para ese territorio co obxectivo de que xurdan proxectos que se poidan financiar ao abeiro do programa. É o propio GDR quen se encarga de analizar e valorar os proxectos e, en función diso, o seu órgano directivo atribúe unha porcentaxe da axuda, partindo duns criterios predefinidos.

A decisión trasládase a AGADER que, logo de revisar que a atribución do GDR se axusta á normativa, resolve a concesión da axuda.

Listado dos GDR para a programación 2014-20