O LEADER é o conxunto de medidas do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020 que se executa baixo metodoloxía LEADER (Ligazóns Entre as Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural).

Esta metodoloxía vén sendo impulsada pola Unión Europea desde 1991 para descentralizar as políticas de desenvolvemento rural, de xeito que o territorio rural deixe de ser un simple destinatario destas políticas para converterse en protagonista do seu propio desenvolvemento.

É polo tanto unha medida a nivel europeo, baseada no desenvolvemento local participativo e dotada de fondos estruturais da Unión Europea, que está deseñada para axudar aos axentes do mundo rural a potenciar a súa rexión e centra o seu obxectivo en promover o desenvolvemento local nas zonas rurais.

Os seus obxectivos son:

– Crear e manter o emprego no medio rural.
– Mellorar e implementar servizos para a poboación rural.
– Favorecer a mellora do nivel de vida.
– A inclusión social dos colectivos desfavorecidos.
– Reducir a pobreza.
– Potenciar a gobernanza local.
– A animación social do territorio.
– Favorecer unha ocupación sostible do territorio.
– Fomentar a utilización de enerxías renovables.
– Fomentar a mellora da eficiencia enerxética.

Estratexia de desarrollo local do GDR-4.