Proxectos Produtivos

Aqueles que supoñen a realización dunha actividade económica, tendentes á produción de bens ou servizos e que implican unha creación e/ou mantemento de emprego:
 
1.- INVESTIMENTOS NO SECTOR DA PRODUCIÓN AGRARIA PRIMARIA.
        • Investimentos na mellora da eficiencia enerxética das explotacións agrarias e o uso de enerxías renovables.
        • Inicio de actividades agrícolas, gandeiras ou forestais que supoñan unha actividade complementaria da unidade familiar.
        
2. INVESTIMENTOS EN TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGRARIOS.
        • Investimentos en creación, modernización e ampliación destas empresas.
        
3. INVESTIMENTOS EN TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS FORESTAIS.
        • Investimentos en transformación e comercialización da madeira como materia prima anterior á primeira transformación industrial.
        
4. INVESTIMENTOS EN DIVERSIFICACIÓN DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS.
        • Investimentos en diversificación de explotacións agrarias cara a actividades complementarias non agrarias: artesanía, agroturismo, servizos educativos e culturais, etc
        
5. INVESTIMENTOS EN CREACIÓN, MODERNIZACIÓN E AMPLIACIÓN DE TODO TIPO DE EMPRESAS NON AGRARIAS.

Proxectos no Produtivos

Aqueles promovidos por entidades sen ánimo de lucro, entidades públicas locais, ou comunidades de montes, que non supoñan o inicio ou o desenvolvemento dunha actividade económica e teñan un interese público ou colectivo:
 
        • Investimentos na creación, mellora ou ampliación de servizos para a poboación rural.
        • Actividades recreativas e culturais.
        • Investimentos en infraestruturas a pequena escala.
        • Investimentos no mantemento, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural, cultural, das poboacións ou paisaxes.