![A Xunta Directiva do GDR 4 - Comarca de Lugo A Xunta Directiva do GDR 4 - Comarca de Lugo](https://comarcadelugo.gal/wp-content/uploads/2024/04/comarca-lugo-sobre-nosotros-1.jpg)
sobre nós
Quen somos?
Somos a Asociación para o Desenvolvemento Rural da Comarca de Lugo, constituída o 3 de xuño de 2016 e aberta a integrar calquera outra entidade asociativa que comparta os nosos obxectivos.
A nosa vocación é instrumentar o desenvolvemento rural do noso territorio como promotor de todo tipo de proxectos que nos potencien como comarca.
Ademáis, ao estar constituídos como Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR-04), tamén somos o axente encargado de xestionar os fondos LEADER no noso territorio, xunto coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), dependente da Xunta de Galicia.