Lugar
O curso terá lugar na sede da Fundación Juana de Vega (os días 28 e 29) e no Centro de Promoción Rural- EFA Fonteboa (Feiranova s/n, Coristanco) o 30 de xaneiro.
Obxectivos
- Coñecer as novas ferramentas do marketing online e de comercialización no ámbito agroalimentario.
- Axudar a definir unha estratexia de comercialización de produtos agroalimentarios para mellorar o seu posicionamento no mercado.
- Coñecer as novas tendencias de deseño e presentación de etiquetas e envases para as producións agroalimentarias.
Lúns 28 e martes 29 de xaneiro.
Lugar: Sede da Fundación Juana de Vega (San Pedro de Nós- Oleiros)
Docente: José Ramón Porto
Director de Pe- Marketing e profesor de Marketing digital na USC e na University College de Dublin.
Contidos:
Estratexias de comercialización. Integración offline – online:
- Cambios no comportamento de compra do consumidor.
- A importancia de planificar en márketing.
- Novas estratexias de comercialización.
- Márketing dixital.
- Estratexias de márketing dixital
- Integración do márketing tradicional e o dixital.
Mércores 30 de xaneiro
Lugar: Sede da EFA Fonteboa (Coristanco)
Docente: Xosé Teiga
Director creativo experto na estratexia aplicada á comunicación e a publicidade para xerar mensaxes de marcas, produtos e empresas a través de conceptos creativos, identidade corporativa e deseño gráfico aplicado á comunicación gráfica, publicidade, interactiva e audiovisual.
Contidos:
1ª Parte
Introdución: Branding & Packaging: necesidade de marcar, signos / marcas, Branding, Tendencias en deseño, Autenticidade, Calidade, Pureza, Biobase, Códigos bidi, Desenvolver unha estratexia. Exercicio de benchmarketing.
2ª Parte
Identidade de produto: Narración, cultura, industria, Carrefour, atraer, tendencias etiquetas e envases, envases intelixentes, envases verdes, envases adaptados, envases interactivo, novos tamaños, evocar máis emoción / multisensorial, envases personalizados, sustentabilidade, ecofriendly, packaging e innovación.