O GDR4 Comarca de Lugo participará con un stand propio na próxima Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá, que se presentou o pasado 8 de marzo no Concello de Friol.

A 26ª edición da feira celebrarase o vindeiro domingo 25 de marzo en Friol, que ten unhas expectativas excelentes tanto de exposición de produtos como de asistencia de visitantes. As previsións de participación de queixeiras e panadeiros son similares ou incluso superiores ás de anos anteriores, con 95 queixeiras e 5 Panaderías de Ousá expoñendo uns 10.000 queixos e máis de 500 pezas de pan.

Unha gran carpa, ubicada na Praza Andón Cebreiro, volverá acoller estes dous produtos principais desta feira. E arredor desta instalación o Concello colocará stands onde se poderán mercar diferentes produtos agroalimentarios do Municipio, e onde estará situado o stand do GDR e no que se repartirá material informativo das nosas actuacións.