Desde a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social publicamos a convocatoria dos premios Talento Mozo Galicia para o recoñecemento de traxectorias excelentes e proxectos impulsados e postos en marcha por mozos e mozas galegos. Trátase dunha nova iniciativa coa que buscamos poñer en valor e distinguir o talento xuvenil galego.

 Os premios Talento Mozo Galicia que se convocan teñen cinco modalidades:
– Ciencia.
– Rural.
– Deporte.
– Empresa.
– Cultura e Creación.

Premios
– Outorgarase un premio de 5.000 euros por cada unha das modalidades.
– As persoas premiadas recibirán, ademais da dotación económica do premio, unha distinción honorífica e un diploma acreditativo.

Poderán optar aos premios Talento Mozo as persoas mozas que reúnan os seguintes requisitos:
– Ter entre 18 e 30 anos na data en que finalice o prazo de presentación de candidaturas.
– Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia na data en que finalice o prazo de presentación de candidaturas.
– Contar cunha traxectoria relevante na modalidade do premio a que concorra. Para estes efectos, os méritos que motivan a candidatura deben estar referidos a circunstancias acreditadas con carácter previo á data de publicación da convocatoria.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario BS327A dispoñible en https://sede.xunta.gal.
prazo de presentación de solicitudes estará abaerto ata o 21 de novembro de 2019

Descargar (PDF, 649KB)