AGADER e FADEMUR-Galicia veñen de poner en marcha un proxecto en prol da igualdade e contra a violencia de xénero co obxectivo de continuar e complementar os traballos que vimos realizando pola igualdade e o progreso das mulleres que viven e habitan no medio rural e en contra das violencias machistas
Por tanto, celebraremos 3 talleres que se impartirán no Centro Colaborativo de Friol no mes de novembro:
Taller 1️: Conceptos xerais, recoñecemento e prevención da violencia de xénero no ámbito rural. Sabemos recoñecer a violencia de xénero? Identificamos a orixe.
Celebrarase o día 8 de novembro de 2021 ás 12:00 horas.
Taller 2: Protocolos de actuación en caso de sufrir Violencia de Xénero, situacións xerais e estado de alarma Covid. Somos actuamos ante casos de violencia.
Celebrarase o día 15 de novembro de 2021 ás 12:00 horas.
Taller 3️: prevención da Violencia de Xénero en colectivos especialmente vulnerables. Somos colectivos vulnerables? Sinalamos as desigualdades e empoderámonos.
Celebrarase o día 22 de novembro de 2021 ás 12:00 horas.
Inscricións e información: 982 23 80 00