O GDR4 Comarca de Lugo colabora coa 3ª edición do Friulio Castrexo Romano de Friol, un encontro entre Asociacións Castrexas e Romanas vinculadas a recreación histórica que se celebra en Friol o 11 e 12 de maio. Durante estas 2 xornadas trataremos de recrear os modos de vida, costumes e crenzas de ámbalas dúas culturas, ademais de ofrecer un atractivo festival de música.

O evento está organizado conxuntamente polo Concello de Friol e a Asociación de Recreación Histórica “A Castronela”, e conta tamén coa participación de diferentes asociacións castrexas e romanas de Lugo e do resto de España. En total participarán 16 asociacións de recreación histórica, 2 asociacións de música tradicional, 2 asociacións de divulgación cultural e 3 asociacións culturais do Municipio de Friol.

O GDR4 da Comarca de Lugo colabora no plan de difusión para dar a coñecer a programación do Friulio por todo o territorio galego, mentres que a Xunta de Galicia, que a través de Agadic, encárgase de financiar parte das actuacións musicais.