O municipio de Outeiro de Rei acollerá unha nova edición da súa tradicional Feira da Artesanía o sábado 6 de xullo de 2019. Coma todos os anos, contará cunha ampla exposición e venda de produtos de artesanía e alimentación e demostracións en vivo de oficios tradicionais.

Dentro da proposta de actividades do evento, o programa da feira contempla a V Carreira solidaria do Concello de Outeiro de Rei, o III Concurso de pintura ao aire libre, as actuacións da banda de música Sons e Soños e do Grupo de gaitas da Asoc. Cultural Penas de Rodas, unha concentración de coches clásicos, un tour turístico en autobús polo concello de Outeiro de Rei, o espectáculo de varietés “Gyrovâgus” de Mircromina Títeres, unha exhibición canina de obediencia e defensa deportiva a cargo do Grupo de traballo deportivo Fontao, unha exhibición de baile rexional a cargo da Agrupación baile infantil de Outeiro de Rei, talleres e obradoiros para o público infantil…

Ademáis, como novidades deste ano, salientan o I Campionato de escultores con motoserra e a oferta de paseos en kaiak polo Río Miño.

Poden atopar máis información e o programa detallado da XIII Feira de Artesanía na web: http://outeiroderei.org e nas redes sociais Facebook (@outeirorei), Twitter (@OuteiroRei) e Instagram (@outeirorei).

Descargar (PDF, 1.32MB)