Aqueles promovidos por entidades sen ánimo de lucro, entidades públicas locais, ou comunidades de montes, que non supoñan o inicio ou o desenvolvemento dunha actividade económica e teñan un interese público ou colectivo:
• Investimentos na creación, mellora ou ampliación de servizos para a poboación rural. • Actividades recreativas e culturais. • Investimentos en infraestruturas a pequena escala. • Investimentos no mantemento, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural, cultural, das poboacións ou paisaxes.