Aqueles que supoñen a realización dunha actividade económica, tendentes á produción de bens ou servizos e que implican unha creación e/ou mantemento de emprego:
1.- INVESTIMENTOS NO SECTOR DA PRODUCIÓN AGRARIA PRIMARIA. • Investimentos na mellora da eficiencia enerxética das explotacións agrarias e o uso de enerxías renovables. • Inicio de actividades agrícolas, gandeiras ou forestais que supoñan unha actividade complementaria da unidade familiar.
2. INVESTIMENTOS EN TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGRARIOS. • Investimentos en creación, modernización e ampliación destas empresas.
3. INVESTIMENTOS EN TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS FORESTAIS. • Investimentos en transformación e comercialización da madeira como materia prima anterior á primeira transformación industrial.
4. INVESTIMENTOS EN DIVERSIFICACIÓN DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS. • Investimentos en diversificación de explotacións agrarias cara a actividades complementarias non agrarias: artesanía, agroturismo, servizos educativos e culturais, etc
5. INVESTIMENTOS EN CREACIÓN, MODERNIZACIÓN E AMPLIACIÓN DE TODO TIPO DE EMPRESAS NON AGRARIAS.